Davos
Davos. A Montanha Mágica.
Este ano tocou falar de mudança climática. Blablablá, blablablá. Tudo limpo, pulcro. Luxosos hotéis e lojas cercadas de arame. 6000 fortes e fermosos militares e polícias de elite suiços guardam pola inmutável ordem do universo. Vila sitiada, país sitiado, continente sitiado. Os meios amosam ao mundo reunions e conferências, dirigentes mundiais, presidentes das multinacionais que som os que realmente dirigem as nossas vidas e as mais importantes estrelas chorando caridade. Sim Bono, és escória, umha mona que serve para limpar as nossas consciências, divertir a elite com as tuas monerias mas que nunca vas trocar nada porque eles som os que alimentam a tua conta.
E o que nom se ve? haverá que fazer um pequeno esforço imaginativo: limusinas com janelas escurecidas, encontros informais sem prensa, putas e alcol, bom jantar, farlopa, regos e regos de farlopa. É-che o “Espírito de Davos”: a troca de informaçom.
Boeno, acabou-se a feira, para o ano haverá mais. Marcham os importantes homes mas fica a sua riqueça, já se sabe que na Suíça tám os melhores bancos, verdade Bono?
P.D. Nós ainda estamos do lado bom do valado. Aguardemos que o fodido Winterbottom nom atine com o seu filme código 46

xaneiro 29th, 2007 at 3:18 pm
Ainda menos mal que falarom de mudança climática, e nom de terrorismo,nem de invadir paises, nem historias desas…
Asemade Bono é um fucking hortera!!!
xaneiro 29th, 2007 at 9:16 pm
Claro que falan da crise climática: teñen medo.
O desorde climático va contra os seus negocios máis lucrativos (o paquete: industria do automóbil, petroleiras e turismo e a banca-seguros).
Son os individuos os que están a obriga-los gobernos, os consumidores os que estan a forzar as multinacionais.
Coñezo familias que deciden non ter coche, que xa non toman avións. As bicicletas volven as rúas e bótanlles escupitajos as derradeiras pijas dos 4×4s. Os nenos píden que se contrate a electricidade 100% renovable, queren unha árbore no xardín. Multiplicase o consumo de productos ecolóxicos e do pais. As feiras de productos locais reinventanse.
Xa non se deseñan autovías e enormes protestas acompañan ás tentativas de ampliacións dos aeroportos. Moitos esixen que se cobre por conducir nas cidades e que se aumenten os impostos as actividades contaminantes. Queren que os que contaminen paguen… A inercia e moi grande pero instinto de supervivencia da nosa especie parece ser aínda máis forte. Dis naïve, non creo e que vivo moi lonxe.
Eses sabem-no: Jusqu’ici, tout va bien… mais l’important c’est pas la chute, c’est l’atterrissage.
xaneiro 29th, 2007 at 9:39 pm
si que vives longe, si
(tenho enveja)
febreiro 6th, 2007 at 11:25 am
mira, mira:
O europarlamento é a industria automobilística europea picanse por que o resposable europeo de medio ambiente -Mr Dimas- cambiou o seu “environmentally unfriendly Mercedes Benz for a greener, hybrid model - from Japan.” Este cambio de coche non lle fai ningunha gracia o noso vecinho Barroso criticado por ter un Volkswagen 4×4.
O seu toyota priarus será o primeiro coche “verde” entre o montón de limusinas no parking do Berlaymont.
Como se que che interesan os números: “The Prius hybrid petrol car emits 104 grams per kilometre while the Lexus - a larger car - pumps out 186gpk. Mr Dimas’s current Mercedes, accounts for 270gpk.
José Manuel Barroso has faced criticism for owning a 4×4 Volkswagen Touareg which emits a hefty 265 gpk.”
informa o independent : http://news.independent.co.uk/europe/article2237675.ece
Por outra banda fala de como a industria do carro alemana está a facer lobbing (acos0) os europarlamentario para que non aumenten as esixencias “verdes” nos automóbiles. Teñen todo o apoio de Angela M.
A industria europea di que é imposible fabricar coches europeos con emisións por debaixo dos 140gpk no 2008. Estamos quedando atrás.